A ponte vella
¿Somos cidadáns ou somos vándalos..?
Esa é a pregunta que me fago despois de ler noticias coma a publicada hoxe na edición dixital e local de La Voz de Galicia, os casos de vandalismo na nosa cidade voltan a ser noticia unha vez máis, para a nosa desgraza os energúmenos de turno non tiveron outra cousa mellor que facer que destroza-las árbores dunha das rúas recén remodeladas da nosa cidade, nada novo, todos sabedes do famoso arco do violín que hai no conxunto escultórico da Praza de San Xosé, atacado en imnumerables ocasións, pero como iso papeleiras, fontes e demais elementos do mobiliario urbán..
Esa pregunta tamén vai para o concelleiro de Seguridade cidadá, o señor Guillerme Vázquez, non pode ser que dia tras dia, e sobre todo nas fins de semana, as nosas rúas amanezan con destrozos de toda índole, eu fun o primeiro en parabenizar ao Concello de Pontevedra pola súa decisión de translada-lo botellón do centro da cidade ás aforas, con iso gañamos en seguridade e tranquilidade, pero o que non se pode é tolerar o que acontece tódolos dias na praza de José Martí, onde individuos bébedos e skaters fan que os veciños apenas poidan desfrutar deste céntrico lugar da nosa cidade. Non serei eu quén abogue por sacar máis policia á rúa, pero un chisco máis de control terá que haber por parte dos organismos competentes, se temos unha cidade símbolo da recuperación do entorno urbán, premiada en varias ocasións por ter unha casco histórico que xungue o respecto ao noso patrimonio coa modernidade, non podemos permitir ataques coma os que se repiten dia tras dia contra o patrimonio urbán da cidade, que ao fin e ao cabo tamén  é o de tódolos pontevedreses.
O ¿restaurante? Burger King chega a Pontevedra
A nosa cidade por fin estará á altura de outras coma Vigo, A Coruña ou mesmo Madrid, por fin as multinacionais norteamericanas do fast-food fixáronse na nosa cidade, tal vez porque somos un mercado emerxente ou cecais porque os nosos rapaces inda non teñen os índices de obesidade infantil que si se disparan noutras latitudes, e iso non se podia permitir por máis tempo..
O ano pasado neste post xa faláramos do tema, daquela o ruxe-ruxe apuntaba a un baixo na Praza da Ferrería, pero as débedas do Liceo Casino de Pontevedra facilitáronlle se cadra unha mellor oportunidade de negocio á xente de Burger King e polo que contan abrirán o seu local no baixo da Praza de Curros Enriquez antes deste vindeiro mes de nadal. Economicamente a instalación deste negocio na nosa cidade é claramente unha boa nova, pero particularmente coido que preferiria calqueira outro local de hosteleria ou restauración que unha macro-hamburgueseria deste estilo, supoño que o paso seguinte será a chegada tamén á nosa cidade do seu principal competidor, a xente do Happie Meal e do famoso paiaso (e non me refiro a Krusty o dos Simpson’s), aos que tan ben retrataron no documental Supersize me. Pois nada, na man das nais e pais de Pontevedra confiaremo-la correcta alimentación dos seus fillos, agardemos non ter que laiarnos dentro duns anos ao falar de que a nosa cidade encabeza unha lista cós índices máis altos de obesidade infantil, con se-los primeiros en asmas e alerxias xa abonda.
Por certo, xa postos, agardo por parte do Concello de Pontevedra un control exhaustivo en canto ao tema de eliminación de resíduos e hixiene (máis que nada pola fama que teñen) e por suposto na rotulación exterior do local, que teñan en conta que estarán encravados no medio do casco vello da cidade, asi que non lle manden eses neóns tremendos como noutras cidades, un pouco de sentidiño por favor, asi todo, que podemos agardar dunha empresa que fai anuncios tan machistas e faltos de gusto coma este… en fin.
View This Video on You Tube
<object style='width:450px;height:350px' type='application/x-shockwave-flash' data='http://www.youtube.com/v/QpIL-Gz2zVk'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/QpIL-Gz2zVk'/><param name='scale' value='noScale' /><param name='wmode' value='window'/><param name='salign' value='TL' /></object>
Suso de Toro, George Steiner e o galego..
Mañá de domingo, son as nove e pico máis ou menos, érgome da cama con algo de resaca e non precisamente de alcool non, senón da victoria contundente, necesitada, e cando menos refrescante do Pontevedra C.F. onte á noite fronte á S.D. Ponferradina en Pasarón, unha victoria agardada por todos e celebrada por moitos máis.
Acendo o ordenador e pescudando algo de noticias na web de Elpais.com, atopo un artigo do galego Suso de Toro falando do affaire Steiner-Língua Galega de hai unhas semanas (ou cecais un mes, non me lembro ben), préstolle atención máis que nada por saber que lle contesta e porque o tema éste acontecido o pasado verán, chamoume poderosamente a atención, non entendo como unha persoa pode falar tan abertamente e dende o descoñecemento máis absoluto dunha língua coma a nosa, cun pasado extraordinario de séculos e un presente e futuro cando menos esperanzador (todo depende da paixón coa que a defendamos) por diante. Para os que non saibades do tema, Steiner nunha entrevista para un medio español contestaba ás seguintes preguntas do xornalista:
-Pero, cambiando de tema, me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego, dice en una entrevista a El País Semanal.
-Igual que es obligatorio en Cataluña compartir el catalán con el castellano.
-¡Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?
Tales afirmación levantaron unha serie de reaccións por parte de escritores, xornalistas e público galego en xeral que deron a volta a todo o País, porqué temos que aturar ese continuo ataque ao noso idioma e ademais de xente de fóra, que descoñece a nosa realidade, ¿porqué dicir que o castelán está en perigo?, que a única língua de obrigado emprego é o galego, porqué tantas mentiras que alimentan á xente de Galicia Bilingüe e demais sectores da dereita máis ráncia e casposa, porqué crear artificialmente unha confrontación aberta galego-castelán…
Recoméndovos a lectura deste artigo de Suso de Toro no Pais.com titulado Steiner, no; nosotros.
Por fin teremos nova web do Pontevedra C.F.
Sen tempo non era, a nova web oficial do Pontevedra C.F. está actualmente en proceso de construcción e diso precisamente advirte o cartel que podemos ollar estes dias ao entrar en www.pontevedracf.com. Nestes dias nas que as augas granates baixan un pouco revoltas, agradécese sen dúbida que o clube teña por fin a magnífica idea de darlle un pouco de importancia a unha das canles de información máis importantes das que dispón, e coa que polo de agora case que non contaban, posto que as actualizacións da mesma eran cousa de risa, sen ir máis lonxe nos meses estivais apenas tivemos información das fichaxes e torneos de verán, senón fora polo foro non-oficial que uns cantos rapaces de Pontevedra manteñen có seu esforzo diario non teríamos información de ningún tipo.
O dito, agardo con expectación a nova faciana da web oficial do clube, supoño que con novos contidos, novo deseño e quén sabe se tamén por fin cunha version en galego, posto que ésa é outra eiva importante que ten o clube e á que nunca lle deron a mínima importancia, os socios galego-falantes tamén temos dereito a recibi-la información do clube en galego ¿non?, pois señores do Pontevedra C.F., xa vai sendo hora de que espabilen un pouco e se decaten dunha vez, atendan en galego nas dependencias administrativas (cando se dirixan a vostedes en galego alomenos) e fagan unha web bilingüe como calqueira entidade cun mínimo de sensibilidade social.
Celtas cortos - Retales de una vida [video]
Supoño que todos saberedes da miña debilidade pola música folk e tamén por tódalas súas correntes alternativas ou fusións, folk rock, folk metal ou mesmo ska acompañado de gaita ou acordeón. Hoxe quérovos falar do novo disco dunha banda mítica na escena folkie española, poucos de vós haberá que non coñezades aos pucelanos Celtas Cortos, son historia e lenda viva desta música.
A banda orixinaria de Valladolid fundouse no ano 1986 despois de gañar un concurso de folk có nome de Colectivo Eurofolk, logo trocarian o seu nome polo de Celtas Cortos, ¿lembrades a portada dos seus primeiros discos? nela aparecia o guerreiro celta da famosa marca de tabaco e sempre me lembro do meu avó cando vexo ese paquete ou o doutra marca chamada Record. Celtas Cortos levan unha dilatada carreira de máis de vinte anos, pateando festivais por todo o Estado Español e deleitándonos con ese son tan característico que define a unha banda tan comprometida como eles, solidarizándose có movemento okupa, antimilitarista ou ecoloxista entre outros, eu estiven unha tempada vivindo en Valladolid e marchei de alí sen chegalos a ollar en directo, teño tres discos deles pero nunca a oportunidade de ir a un concerto seu, ogallá un ano destes veñan por Pontevedra, sen ir máis lonxe o pasado venres 12/9 estiveron no Milladoiro (Santiago de Compostela). Aqui déixovos có video presentación do seu novo disco 40 de Abril,  disco éste que saiu á venda a primeiros deste mes de Setembro, o seu primeiro single titúlase Retales de unha vida, un fermoso tema sen dúbida.
Por certo, a camisola que leva Cifuentes, a dos Rage Against the Machine coa faciana do Che Guevara ,xa a tiña eu hai uns 18 anos…
View This Video on You Tube
<object style='width:450px;height:350px' type='application/x-shockwave-flash' data='http://www.youtube.com/v/0rV-SsQYYNk'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/0rV-SsQYYNk'/><param name='scale' value='noScale' /><param name='wmode' value='window'/><param name='salign' value='TL' /></object>
11 Setembro 2001
¿Onde estabas ti aquel 11-M cando todo cambiou? Dende aquel feito o mundo non foi o mesmo, podo semellar catastrofista pero é unha verdade coma un templo, este mundo que coñecemos estremeceuse aquel verán do ano 2001.
Coido que serian ao redor das tres menos vintecinco da tarde, xa rematara de xantar e fun botarlle unha ollada á televisión, facendo zapping atopei a CNN, nela estaban a pasa-las imaxes dun avión que colisionara cun edificio nos U.S.A, a verdade é que non lle din creto ao que estaba a ollar, cambiei ás outras canles e nada, cada unha ao seu tema, na CNN seguian a botar aquilo e pouco a pouco xa lle fun pillando o fio, un avión se estrellara -ou o estrellaran a propósito- contra un rañaceos de Manhattan, algo inaudito, chamei ao resto da familia e alí estivemos ollando aquilo perplexos, cun calafrio percorrendo o corpo e sen artellar palabra algunha, daquela outro avión apareceu na imaxe polo outro costado e seguiu o mesmo camiño có anterior, tremendo !!. Eran xa as catro menos algo cando collin as chaves e marchei ao traballo coa radio accesa no coche, ao chegar ao curro comentamos cós compañeiros sobre quén poderia ter feito iso, logo a información comezou a chegar pouco a pouco, tal vez foran os árabes, falaban de Osama Bin Laden, ¡¡ que pelotas !! exclamamos, e daquela o mundo xa non foi o mesmo, miles de mortos, invasión do Irak, daños colaterais, petróleo polas nubes, crise mundial…
Aquel 11 de Setembro do ano 2001 apenas levaba saindo coa -daquela moza- muller uns cantos meses, moito choveu dende ese dia, van alá sete anos pero seguimos a comete-los mesmos erros, os norteamericanos coa súa política exterior de feitos consumados fixéronlle moito dano a moitos, agardemos que lle poñan remedio canto antes, cecais cun presidente negro tal vez.. ¿porqué non?.
A crise non vai con algúns..
Hai cousa dunhas horas que o ministro de economía, o señor Solbes, nunha entrevista concedida á S.E.R. falaba abertamente de recesión económica e cecais dunha crise cando menos palpable xa, inda que non o recoñecia abertamente si deixaba a porta entreaberta coas súas declaracións e avanzaba que comezaremos a sacar cabeza no segundo semestre do 2009, tendo en conta isto xa sabedes, a consigna é que nos preparemos para aguanta-lo chaparrón que nos ven enriba este ano e tamén o vindeiro, inda que polo que semella iso non lle debe de afectar demasiado a algúns.
Esta foto foi tirada no dia de onte nunha coñecida cadena de distribución de alimentos no entorno da nosa cidade de Pontevedra, semella que a crise económica non nos afecta a todos por igual, porque para gastarse ao redor de 170.000 euros nun Ferrari 430 de 500 cv. de potencia hai que ter unha boa conta corrente e bo gusto, todo sexa dito.
O casal de Ferreirós, nace o primeiro blogue de Poio
Ou alomenos o primeiro que coñezo e que se actualiza con relativa frecuencia, souben da súa existenza hai cousa dun par de semanas, cando empregou (previa petición) unha das miñas fotos para ilustrar un artigo no que, coma fixera eu no seu dia, denunciou a presenza de vehículos dun concesionario de Poio estacionados en plena estrada PO-308, diante precisamente do Casal de Ferreirós e provocando molestias aos veciños, aos cales impiden a normal visibilidade nese entronque.
Polo que puiden ollar na súa páxina de presentación, Tonucha, que así é como se chama o/a blogueiro/a de Poio, comezou este proxecto có fin de dar a coñece-los problemas do lugar onde reside, a populosa urbanización do Pazo de Ferreirós, un lugar emblemático no desenrolo urbanístico da vila de Poio, pois foi construida hai catro anos convertíndose na primeira obra de envergadura que se realizou nese pequeno concello, o cal comezaba daquela o seu despegue urbanístico e agardemos que tamén económico e social. O  Casal de Ferreirós por senón o coñecedes é oficiña de turismo de Poio á par que sala de exposicións e de conferencias ubicada á entrada da urbanización, un edificio moi fermoso (podédelo ollar na cabeceira da web municipal) que foi magnificamente reconstruido hai anos e que vos recomendo visitar cando poidades.
Pois nada, dende A ponte vella non me queda outra que parabenizar esta iniciativa por parte de O casal de Ferreirós e darlle-la benvida ao blogomillo pontevedrés, agardo que teña sorte e sexa punto de debate da actualidade de Poio, que polo de agora semella inda estar espertando nisto da internet.
Esta noite comeza a Feira Franca 08
Xa chegou o dia, á noitiña e có anuncio do comezo da feira por parte dos pregoeiros que irán a cabalo polas prazas e rúas da nosa cidade comezará a festa que pon o punto e final ao verán pontevedrés, unha cita agardada polos miles e miles de pontevedreses e visitantes ansiosos de rememora-las nosa historia pasada, unha cita que cumpre o seu noveno ano e que está considerada xa como unha das mellores recreacións do medievo xunto coa pioneira Festa da Historia de Ribadavia (Ourense).
Agardo que todos e todas desfrutes dela e que o tempo nos acompañe, eu como nos anos anteriores confundireime coa xente coma un labrego, e na compaña de amigos e familiares vivirei en primeira persoa esta cita ineluldible coa historia, por se hai algún de vós que inda non tivo a oportunidade de olla-lo programa de actividades aquí o tedes, para que non perdades detalle de nada:
IX FEIRA FRANCA
5 de setembro /2008
18:30 h / Pregoeiros a cabalo anuncian a feira nas prazas do centro histórico.
21:30 h / Actuación musical do grupo Pan de Capazo. Praza da Ferrería.
22:00 h / Laboratorio de Expressao Dramático de Oliveira do Bairro. Teatro ‘A orixe de Pontevedra’, espectáculo de lume. A continuación, explosión de cor e luz na varanda de Facenda.
22:20 h / Pasarrúas musical Art Monium. Praza da Ferrería.
22.30 h / Música e bailes medievais coa Asociación de Coros e Danzas Dúos Pontes. Praza do Teucro.
23:00 h / Monicreques Kukas: ‘Contas do vento acatarrado’. Praza da Pedreira.
6 de setembro /2008
11:30 h / Mostra de oficios. Praza da Ferrería.
11:30 h / Apertura do mercado medieval de artesanía. Arcebispo Malvar.
12:00 h / A Asociación Recreativa de Xeve encárgase do desfile do transporte do viño dende os arredores do convento de Santa Clara en dirección á praza da Peregrina, pasando pola rúa Sarmiento, a praza da Leña, Pasantería, a Ferrería…
13.30 h / Exhibición de cetraría con Falcóns de Galicia. Avda. de Montero Ríos.
16:30 h / Tiro con arco co Clube Boa Vila. Ruínas de San Domingos.
17:00 h / Exhibición de cetraría con Falcóns de Galicia. Avda. de Montero Ríos.
17:30 h / Teatro de rúa. Laboratorio de Expressao Dramático de oliveira do Bairro.
17:30 h / Torneo medieval con Legend Especialistas. Entrada de balde ata completar aforo. Praza de Touros.
18:10 h / Exhibición de ximnasia co Clube Treboada. Avda. de Montero Ríos.
17:30 h / Espectáculo de malabares Vivarte. Praza do Teucro.
20:00 h / Torneo medieval. Entrada de balde ata completar aforo. Praza de Touros.
20:10 h / Concerto de Avelaíña. Avda. de Montero Ríos.
01:00 h / Pasarrúas e fin e festas a cargo de Art Monium.
Animación Dispersa
Art Monium. Música, malabares, xigantes e dragóns.
Foula. Música medieval para trasladarnos ao século XV.
Grupo de Percusión Monte Porreiro.
Pan de Capazo. Espectacular concertó, dinámico e rabioso.
Vivarte. O rincón dos xogos: animación infantil nos xardíns de Castro Sampedro durante todo o día.
Por certo, aqui déixovos unha reseña na Voz de Galicia explicando o operativo que pon en marcha este ano o Concello de Pontevedra no tema da seguridade, lugares onde haberá postos médicos permanentes e demais..
Feira Franca de Pontevedra 2008
Pois xa está activada a nova páxina web da Feira Franca de Pontevedra, hai dias que avisaron da súa inminente re-activación pero non foi ata ben pouco cando tivo lugar. Asi que xa sabedes, resta moi pouco para que comecen os fastos medievais na nosa cidade e hai que irse preparando, que o verán comeza coa festa da Peregrina e a diversión non remata ata pasada a feira medieval, a cal terá lugar o vindeiro fin de semana, os dias 5 e 6 de Setembro. Na web poderedes atopar cumprida información de todo canto vaia acontecer neses dous dias de festa, dende os horarios das actividades ata consellos e recomendacións de todo tipo, aqui tede-la url en cuestión:
http://www.feirafranca.info
Desfrutade da Feira Franca 2008, este ano adicada ao traballo no campo e na que se quixo primar ante todo a seguridade dos participantes na mesma, despois do incidente do ano pasado tomaranse máis precaucións nesta edición, ubicando servizos de urxencia e de atención médica en diversos puntos da feira. Se precisades dalgunha información tamén vos podedes pasar por un post temático que teño nesta mesma web e onde falo da súa historia e dalgunha cousa máis. Como datos de interese, dicirvos que este ano agárdanse máis de 100.000 persoas de toda Galiza e Portugal no casco vello da nosa cidade, principalmente no dia grande da feira medieval, 60 postos de gastronomía e artesanía e ao redor de 200 ceas programadas nas rúas e prazas do casco histórico de Pontevedra.
¡¡ Que desfrutedes coa festa e bo proveito a tod@s !!